luns, 15 de setembro de 2014

Broche bonequiña






Hoxe, temos algo co que  dar un toque persoal a unha camiseta, un vestido... Unha bonequiña doce e elegante que alegrara as tardes de outono.

sábado, 30 de agosto de 2014

Diademas para o pelo.



Sinxela, pero non menos linda. Unha fermosa diadema, para que a pequechiña,  se sinta coma unha princesiña. Comeza o cole e, que mellor, para vela sorrir.

luns, 18 de agosto de 2014

Diadema de flores









E para a Princesiña da casa, unha sinxela coroa de flores. De cor rosa coma os seus soños. Combina flores de papel e tela, toda engarzada cun lazo de seda na mesma cor. Vela sorrir, compensa o tempo empregado na montaxe.

Bolsiños de cores





Mouchiño asexante. Simpatica bolsiña porta todo, feita con telas de cores.
Quen se atreve a lucila?                                                                                   



mércores, 6 de agosto de 2014

Pendentes de veran









A delicadeza nacarada, natural ou en cores, fan que sexan un complemento ideal para o veran. Pendentes ou colar, a elección é tua. 

luns, 21 de xullo de 2014

Benvidos

Ola, boa noite, e sexades benvidos a esta nova andaina dixital.

Neste recunchiño espero compartir con vós as pequenas grandes manualidades que, con máis cariño que profesionalidade, nacen nas miñas mans e chegan as das xentes que me arroupan.

Espero que vos gusten tanto coma a min o sorriso da faciana de quen os leva.

Graciñas e até pronto!