domingo, 1 de febreiro de 2015

Marioneta





Un calcetin desparexado, unha camiseta vella, un par de botons..... Et voila! xa temos a marioneta, so resta deixar voar a imaxinación, contar un conto, ou tal vez, unha pequena obra de teatro. Fora vai frio, dentro...moita emoción!

domingo, 11 de xaneiro de 2015

Broche boneca










Linda bonequiña para alegrar a solapa, nas frias tardes de inverno. O esforzo será  ben recompensado, animo e a tentalo!

martes, 9 de decembro de 2014

Bolsiñas da merenda







Habera algo mais divertido que unha pera bailarina? Si, claro o monstruo azul das galletas, o tenro Triki!
Con bolsiñas asi, será mais facil non esquecer a merenda. Ideales para o bocata e, como bolsas de aseo. Sinxelas de facer, animo e mans a obra!

mércores, 26 de novembro de 2014

Tempo de agasallos








Achéganse tempos de agasallos e cariños. E a orixinalidade o presentalos é case tan importante como o presente en si. Cuns diarios vellos e un pouco de imaxinación, conséguense cousiñas fascinantes. Mans a obra, veras a recompensa, no sorriso da persoa agasallada.

martes, 11 de novembro de 2014

Cesto de trapiño









Toca reciclar. Todos temos no armario, camisetas que non usamos ocupando espazo. Esta é unha maneira fácil, de darlle utilidade. Tan só precisamos unhas tesoiras, agulla de gancho e "voi la" o noso cesto. Xa so depende de ti que poñer dentro.

xoves, 30 de outubro de 2014

Gatiño Micifu







Hoxe, quero amosarvos o gatiño Micifu. Tenro e garimoso, un bo compañeiro de xogos para os peques, nestas tardes chuviosas de outono. O gardián dos seus soños.

luns, 6 de outubro de 2014

Bolsa mochila







Cómoda e fácil de levar.
Mochila personalizada para as mais peques. Ideais para a merenda do cole, ou mesmo para o parque. Con capacidade para o caderno, o mandilón, paraugas...